top of page

Sunny Sun Diego

  • Víctor Gallego
  • 1 may 2013
  • 3 Min. de lectura

8946 quilómetros de distancia, 17 horas despois, 1 idea preconcibida, e de súpeto...!! Chegas aquí, e todas esas ideas que te imaxinaras durante ese longo traxecto, adeus!! desaparecen, San Diego é unha desas cidades que che sorprende unha vez estas dentro dela, non é desas que posúe un nome propio fóra das fronteiras norteamericanas, como L.A ou Nova York, pero se é unha desas cidades que unha vez a coñeces, namórate, por máis de mil razóns, entre elas, o seu clima, a súa xente e a súa diversidade, xa sexa a nivel cultural, como natural, xa que a maiores de ser unha cidade que conxuga, surfistas, "hipsters", estudantes e militares, tamén é unha cidade que ten unhas paraxes naturais incribles. Considerada unha das mellores zonas do mundo para a práctica do surf, xa que alberga algunhas das praias coas mellores ondas do pacífico. Mesmo, en ocasións, o propio o camiño cara á praia ou cara á onda, convértese nun autentico "road trip" paralelo, no que te enfrontas a escalada, barranquismo e máis E é que tes que descender a través de acantilados, cunhas vistas e paisaxes puñeteramente fermosas, para atopalas.

Por certo, ao que aínda non se situase, San Diego é unha cidade do sur de California, e como xa dicía, esta cidade ten un marcado carácter surfista, sobre todo naqueles barrios próximos á praia. Exemplos e paradas obrigadas disto son "Ocean Beach" e "Pacific Beach", onde o estrano é non ver xente ir e vir cos seus neoprenos e táboas. Onde facendo a compra no supermercado, ao que está a facer a cola diante de ti, lle tes que preguntar: -poderías apartar a táboa; -non podo colocar as miñas cousas!! Nestes barrios habitan tamén os hippys, "hipsters" ou novos modernos, tribos urbanas que se poden caracterizar por, os seus bigotes, barbas, tatuaxes, camisas de cadros así como a súa afección por trasladarse sempre sobre algo que se deslice, xa sexa sobre skate, longboard ou as xa citadas táboas de surf, estas na auga evidentemente, pero cun peculiar e máis que atractivo gusto por xerar cultura, así que, este é o caldo de cultivo perfecto, para que todas as noites podes gozar de diferentes actividades, que van dende concertos en directo, ata barbacoas na praia, o que fai que, mentres gozas dunha boa cervexa fresca ao lado do océano, poidas escoitar diferentes bandas ou grupos musicais cun notorio aire californiano, xa que son moitas as que se xeraron nesta rexión de California.

Outra visita de interese é o xa mencionado "downtown", ao que vou poñer un equivalente en galego para que nos entendamos, poderiamos dicir que é o que común, simple e chairamente denominamos "o centro". Ben, San Diego posúe un con moita vida, reflectíndose isto nos dous grandes lugares de parada obrigada, como son "Little Ittaly", onde podes encontrar a mellor pasta da cidade e sentir, sobre todo nos días de calor e cando as flores mostran o seu máximo esplendor, coma se á Provenza italiana te tiveses desprazado, xa que unha das cousas que máis rechama son os olores que impregnan as rúas deste transitado e colorida veciñanza. O outro destino ineludible é o emblemático e histórico "Gaslamp Quarter", que tras anos de decadencia, era o lugar onde se daban cita mariñeiros e marines americanos despois de longas travesías, convertendo esta parte da cidade nun barrio que reunía as condicións idóneas para que a mala vida florecese, coa prostitución de pano de fondo, anos de decadencia, que actualmente conseguiron escampar e dar como resultado un centro acorde con esta cidade incrible. É aquí onde se concentran a maior parte de negocios e locais de ocio de San Diego, polo que resulta moi rechamante ver o contraste entre, o distrito financeiro, cos seus altos rañaceos e snobs traxeados, e a quinta avenida aos seus pés, construída en edificios baixos repletos de turistas con sandalias e calcetíns, xa que esta moda non é só marca rexistrada dos alemáns, aquí teñen os seus homólogos americanos, entre os que tamén fai estragos. Tendas e restaurantes de calquera tipo de comida que o noso padal queira degustar teñen cabida nestas rúas, ao igual que unha, un tanto snob, iso si, ampla zona de locais para gozar dunha boa cervexa local con música en directo ou pistas de baile para todos os gustos.

Coma conclusión e sempre sen caer nas odiosas comparacións, esta é unha cidade, que che regala máis cousas das que poidas recordar, pero da que recordas máis cousas das que ves...San Diego é... para descubrila!!

 
 
 

Kommentare


Featured Posts
Recent Posts
Search By Tags
Follow Us
  • Facebook Classic
  • Twitter Classic
  • Google Classic
bottom of page